•As instalacións de Pantón acolleron a cuarta proba do Ranking Sub-25, ademais da Liga Infantil Galega
• O 16 de mayo disputouse en Augas Santas a cuarta proba do Ranking Sub-25 e a Liga Infantil Galega. O vencedor absoluto foi Alberto Domínguez Ávila, do RAC Vigo, con 69 golpes (1 baixo par), seguido por Adrián Martínez, do Club Ría de Vigo, con 73 golpes.
Na categoría infantil, os triunfos foron para os xogadores do RCG A Coruña, sendo vencedor scratch Ignacio Mateo, con 77 golpes, e gañador handicap Javier Aizpurúa, con 70 golpes netos.
Na modalidade alevín, o xogador do Val de Rois Antonio Medrano foi o vencedor con 83 golpes brutos, e o golfista do RAC Vigo Nicolás López gañou na modalidade handicap con 69 golpes netos.
A categoría benxamín deu o triunfo a Marcos Pérez, do RCG A Coruña, con 50 golpes brutos, e a tamén coruñesa Manuela Pacheco venceu no handicap con 34 golpes netos.•
Culmina en Pantón a Copa Galicia de Pitch & Putt

• As instalacións do OCA Augas Santas Golf & Resort tamén acolleron, o domingo 17 de maio, a terceira e última proba puntuable da Copa Galicia de Pitch & Putt.
RESULTADOS DA TERCEIRA PROBA
Neste puntuable resultaron gañadores o xogador do RAC de Santiago Manuel Pena Rodríguez na categoría scratch, con 53 golpes (1 baixo par), e o golfista independiente da Federación Galega de Golf Marco Antonio Pombo Longueira, na categoría handicap, con 51 golpes netos.
O ALEVÍN PÉREZ GRAÍÑO, CAMPIÓN DA COPA GALICIA
Ao remate desta proba puntuable, e logo de terse elaborado o Ranking Final, o xogador alevín Braulio Pérez Graíño, do RCG A Coruña, proclamouse campión da Copa Galicia de Pitch & Putt 2015, cun total de 112 puntos. Pola súa banda, o xogador infantil Jorge Ramos Casariego, do Hércules Club Golf, acadou o segundo posto na clasificación individual, con 113 puntos. Con igual resultado, completou o podio Andrés Peral Salvador.•