Axudas provinciais para abrir os centros lucenses de autismo e de dano cerebral

Vicepresidencia da Deputación destina 70.000 euros ao centro da asociación Raiolas, e 28.000 euros para o de persoas con dano cerebral en Lugo

• A Vicepresidencia da Deputación de Lugo destinará 70.000 euros para que a asociación Raiolas abra un centro para persoas con autismo en Lugo, nas instalacións que ocupaba a gardería do campus, propiedade da Deputación, e outros 28.000 para que Adace poida poñer en marcha un centro de atención diurna a persoas con dano cerebral.

PRETO DE MEDIO MILLÓN DE EUROS ANUAIS EN AXUDAS A 35 COLECTIVOS LUCENSES

O organismo provincial aprobou o día 22 estes dous convenios, que veñen sumarse aos preto de 50 suscritos este ano pola Área de Benestar da Deputación. O vicepresidente provincial, Antonio Veiga, explicou que este departamento colabora con 35 asociacións de todos os ámbitos do benestar, a discapacidade e os servizos sociais de toda a provincia de Lugo, entre os que están Alzheimer Monforte, Auxilia Monforte, Alzheimer Chantada ou Special Olympics. Para apoiar os programas que desenvolven os 35 colectivos lucenses, a Vicepresidencia vén destinando unha partida anual de máis de 300.000 euros, aos que se suman diversos convenios excepcionais, ata sumar preto de medio millón de euros ao ano.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O CONCELLO DE MONFORTE QUERE RECUPERAR OS FOGOS DO RÍO NA ZONA DE A PINGUELA

Seguinte Nova

A colección de ourivería castrexa de Álvaro Gil, declarada Ben de Interese Cultural

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: