En marcha ata o 6 de xuño a campaña «6 minutos x 1.000 euros» no comercio de Sarria

• Dende comezos deste mes, e ata o 6 de xuño, ACES -Sarria ten en marcha a campaña 60 x 1.000, na que o gañador ou gañadora poderá gastar 1.000 euros en compras no comercio sarrián nun máximo dunha hora.

GRAN ÉXITO DA PASADA EDICIÓN

Esta iniciativa, que se estreou o ano pasado con gran éxito, volve con forza para animar aos consumidores a comprar nos establecementos do comercio asociado en Sarria.

GASTAR 1.000 EUROS NUNHA HORA, COMPRANDO NUN MÍNIMO DE 9 TENDAS E GASTANDO EN CADA UNHA ATA 250 EUROS

O formato da campaña é o que sempre emprega ACES neste tipo de iniciativas. Por cada compra realizada nos establecementos asociados, o consumidor depositará o seu boleto cos datos persoais nas urnas instaladas nos comercios. Ao remate da campaña, terá lugar un sorteo entre todos os tickets depositados. O titular do boleto afortunado terá que gastar 1.000 euros nun prazo máximo de 60 minutos. Pero ademais, estas compras terán condicións, xa que o concursante premiado terá que mercar como mínimo en 9 tendas das participantes na campaña, e cunha compra máxima por tenda de 250 euros.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberto o prazo de solicitude para expositores na XIII Feira Tradicional Outrora de Rubián-Bóveda

Seguinte Nova

Sober celebrou o Mes das Letras cun intenso programa de actividades

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss