•Ximnastas de catro clubes do sur lucense tomaron parte neste festival deportivo
• A cuarta edición da Ximnastrada de Sober celebrouse o sábado 16 de maio no pavillón do CEIP Virxe do Carme, nunha xornada chea de vistosidade. Deportistas do Club Quicela de Monforte, da Asociación Deportiva Aixa de Sarria, e da Escola Municipal de Monforte déronse cita neste festival de ximnasia rítmica, ademais dos membros do equipo do colexio de Sober, organizador do evento.•