Monforte, Sarria e Chantada acollen cursos de hostalería da APEHL dentro do Pacto Provincial polo Emprego II da Deputación

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), dentro do programa Pacto Provincial polo Emprego II da Deputación, está a impartir cursos de hostalería dende febreiro, nos que participan preto de 150 persoas desempregadas.

Son dúas as accións formativas que se están a desenvolver. Por unha banda, un curso teórico-práctico de operacións básicas de cociña, de 420 horas, e outro de operacións básicas de restaurante e bar, de 360 horas. Os dous cursos impártense na actualidade en edicións paralelas en Foz, Viveiro, Monforte de Lemos, Sarria e Lugo. Chantada acolle só o curso de operacións básicas de cociña.

Os obxectivos do programa son a inclusión social, creación de emprego estable e loitar contra a discriminación laboral.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación custeará a matrícula aos 135 mellores expedientes de Bacharelato, FP e Grao do Campus de Lugo

Seguinte Nova

A Gala do Deporte monfortino recoñeceu ás mellores traxectorias do 2014

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: