Novos pasos na remodelación e acondicionamento do espazo urbán en Ferreira

O alcalde de Pantón asinou un convenio coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para a construcción de beirarrúas na zona do Curro Esta actuación, que contará cun investimento de preto de 37.000 euros, está enmarcada no Plan Hurbe Esta actuación súmase ao acondicionamento do contorno do Mosteiro, traballos aos que a Xunta destinou 750.000 euros

O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, logo da sinatura en Santiago do convenio para os arranxos na zona do Curro en Ferreira. CMATI.
O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, logo da sinatura en Santiago do convenio para os arranxos na zona do Curro en Ferreira. CMATI.

• O pasado 20 de maio, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez Mourelle, e o alcalde de Pantón, José Luís Álvarez Blanco, asinaron en Santiago o convenio para a construción de beirarrúas na zona do Curro, na parroquia de Ferreira.

AS OBRAS COMEZARÁN EN BREVE

Según explicaron os responsables autonómicos, esta actuación, enmarcada no Plan Hurbe, suporá un investimento de preto de 37.000 euros por parte da Consellería, que prevé comezar as obras nas vindeiras semanas.

MELLORAR A SEGURIDADE DOS VECIÑOS E TAMÉN DOS TURISTAS

Este acondicionamento urbano está xustificado, según precisaron na Consellería, porque a beirarrúa sobre a que se vai actuar non dispón de ancho suficiente, atópase á mesma altura que o resto da calzada e non dispón de ningunha medida de protección. Por outra banda, o tramo no que se desenvolverán estes traballos de mellora sitúase nunha curva previa a un cruzamento e con escasa visibilidade. O feito de que se atope en mal estado supón un perigo, tanto para os turistas como para os habitantes da zona.

Novo aspecto do contorno do Mosteiro de Ferreira, un dos puntos de interés turístico e cultural máis importante da Ribeira Sacra. EC.
Novo aspecto do contorno do Mosteiro de Ferreira, un dos puntos de interés turístico e cultural máis importante da Ribeira Sacra. EC.

DETALLE DOS TRABALLOS DE MELLORA

As obras que se van executar consisten na demolición da lousa existente, disposición de base firme de pedra e pavimento de lousas de granito con remate de bordo de granito fino. Ademais, realizarase a reparación do muro de mampostería e aplicarase rego asfáltico.

FERREIRA, POSICIÓN «ESTRATÉXICA» PARA POTENCIAR O TURISMO NA RIBEIRA SACRA

A situación da parroquia de Ferreira, no espazo da Ribeira Sacra e a medio camiño entre Ourense e Monforte, fai deste enclave urbano unha posición «estratéxica a efectos de potenciar o seu atractivo turístico». Según precisaron os responsables da Consellería, este atractivo baséase na riqueza patrimonial do conxunto do concello de Pantón e especialmente o Mosteiro, «auténtico foco de atracción para os visitantes que buscan contido cultural e patrimonio arquitectónico e paisaxístico».

GARANTIR A SEGURIDADE DO TRÁNSITO

Por estes motivos faise necesario que a zona se atope nunhas condicións mínimas de seguridade para poder ser transitada sen ningún tipo de risco.

O tramo de beirarrúa que discorre a través do núcleo urbano de Pantón na zona do Curro, é paralelo a antiga N-120 na súa marxe dereita conectando ca zona do mosteiro cisterciense das Bernardas e coa praza do Curro. Precisamente nesta zona do mosteiro a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de finalizar unha intervención de mellora da contorna cun investimento de 750.000 euros.

En virtude do convenio asinado, o concello de Pantón comprométese a poñer a disposición da Consellería os terreos necesarios, libres de carga e gravames e co réxime urbanístico adecuado, para a execución das obras, así como a reposición de servizos e servidumes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Maxia para celebrar o Día das Letras Galegas en Pantón

Seguinte Nova

A Deputación definiu o modelo de xestión pública do Centro de Recría

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: