O Concello de Monforte edita un libro sobre Lois Pereiro

• Con motivo da conmemoración do ano 2015 como ano Lois Pereiro, o Concello de Monforte vén de presentar un libro sobre a figura deste poeta monfortino. A edición, que non está destinada á venda, contou cunha tirada de 300 exemplares. O destino destas copias serán os centros educativos da cidade e as bibliotecas públicas da comarca, co obxectivo de dar a coñecer máis a figura e a obra deste emblemático poeta.

A publicación divídese en dúas partes, das que a primeira recolle as intervencións dos membros da Real Academia Galega no 2011, cando se dedicou o Día das Letras Galegas a Lois Pereiro. A segunda está composta por unidades didácticas para alumnado de Educación Infantil, 3º Ciclo de Primaria, ESO e Bacharelato, elaboradas pola profesora de ensino secundario Mª Dolores Cid Cid.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A colección de ourivería castrexa de Álvaro Gil, declarada Ben de Interese Cultural

Seguinte Nova

Éxito da IV Ximnastrada de Sober

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss