O CONCELLO DE MONFORTE QUERE RECUPERAR OS FOGOS DO RÍO NA ZONA DE A PINGUELA

O 22 de maio, o Goberno local solicitou autorización para retomar este evento que se viña celebrando o día 16 de agosto, dentro das Festas Patronais. O espectáculo de lumes artificiais tería lugar na coñecida como Illa da Pinguela, na zona das dúas pasarelas entre Carude e Cobas. O Concello escolleu este punto por ser o máis próximo ao casco urbano e que garante a distancia de seguridade imprescindible respecto ás edificacións máis cercanas. Dende o Concello de Monforte lembraron que este espazo conta cunha nova visibilidade grazas aos traballos da segunda fase do Paseo do río Cabe, que esperan completar antes de mediados de xuño. O Goberno local suliñou que esta obra «estratéxica», na que se investiron 3,5 millóns de euros, foi posible grazas «á capacidade de xestión e diálogo do Goberno local con outras administracións», na procura de importantes achegas económicas para custear o proxecto.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Gala do Deporte monfortino recoñeceu ás mellores traxectorias do 2014

Seguinte Nova

Axudas provinciais para abrir os centros lucenses de autismo e de dano cerebral

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss