• A mediados deste mes, a deputada socialista lucense Margarita Pérez Herraiz rexistrou no Congreso dos Deputados unha batería de iniciativas parlamentarias coas que reclama ao Goberno que arranxe os tramos que se atopan en mal estado nas distintas estradas nacionais que atravesan a provincia de Lugo.
TRAMOS ENTRE NADELA E O CORGO DA N-VI, E DA N-540 ENTRE LUGO E OURENSE
En concreto, Pérez Herraiz reclama ao Executivo central que repare o firme da N-642, especialmente entre Foz e Cervo; a N-634 ao seu paso por A Xesta, en Abadín; a N-VI en diferentes puntos entre Nadela e O Corgo; a N-540 entre Lugo e Ourense, especialmente á saída de Lugo e entre Guntín e Ventas de Narón; a N-547 entre Lugo e Santiago, en especial na zoma limítrofe coa provincia de A Coruña; e a N-640 que une Asturias e Galicia, principalmente entre Rozas e Meira e cara A Pontenova.
LUGO, UNHA DAS PROVINCIAS ESPAÑOLAS CO FIRME EN PEOR ESTADO
A deputada socialista denuncia que «as estradas estatais na provincia de Lugo presentan en xeral un estado lamentable en moitos dos seus tramos». Neste sentido, Pérez Herraiz lembrou que a Asociación Española de la Carretera sitúa a Galicia entre as cinco Comunidades Autónomas co firme dos viais en peor estado, e sinala que «a provincia de Lugo contribúe en gran medida a que Galicia se atope nos primeros postos dese ránking».
Con estas iniciativas parlamentarias, a deputada socialista no Congreso pide ao Goberno que indique «en qué fecha ten previsto o Ministerio de Fomento arranxar os tramos deteriorados de ditas estradas», e insta ao Executivo a facelo «con urxencia».•