Quiroga celebrou o Día das Letras Galegas

A xornada do 17 de maio encheu Quiroga de cultura e lecer. O Día das Letras Galegas celebrouse na capital comarcal con diversos actos, que tiveron como escenario o Auditorio Municipal e o Museo Etnográfico. O domingo pola tarde, tivo lugar unha recepción aos representantes dos colectivos culturais da vila, na sala de catas do Museo Etnográfico. A continuación, o Auditorio acolleu un acto de homenaxe ao Gaiteiro da Ermida, Colomán González Rodríguez, pola súa labor na transmisión do patrimonio etnográfico da comarca quiroguesa. Este evento contou coa participación do Grupo de Gaitas O Recanto, a Banda de Gaitas San Martiño, Os Gaiteiros da Ermida, o Grupo de Danza «Arume da Queiruga» e o musicólogo e Director da Real Banda de Gaitas e da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Lois Foxo.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ribas de Sil celebra a XIII Festa da Cereixa e do Aceite o 30 e 31 de maio

Seguinte Nova

Premios aos xoves talentos de Quiroga

Últimas noticias sobre CULTURA

 TRADIGALU 2023

Programa de conservación, promoción e difusión da riqueza musical, aproveitando a división comarcal da provincia de

MORGAN

Un dos primeiros grupos confirmados para o Festival 17º 2023 Xa está en marcha a edicicón

ESPECIAL ENTROIDO 2023

Imaxinación e moita festa no Entroido no sur de Lugo SARRIA QUIROGA SOBER BÓVEDA BROLLÓN CHANTADA

A %d blogueros les gusta esto: