Ribas de Sil festexou o Día das Letras Galegas cun amplo programa de actos culturais

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O Concello de Ribas de Sil desenvolveu unha ampla programación cultural para celebrar o Día das Letras Galegas. A xornada comezou cunha sesión de contacontos e maxia na Biblioteca Municipal, co espectáculo «Conto Contigo». A continuación, o Salón de Actos do Concello acolleu o concerto ofrecido polo alumnado da Escola Municipal de Música, que deleitaron ao público asistente co seu bo facer musical.

Houbo espazo tamén para o teatro nesta xornada. O grupo local Augas do Sil puxo en escea as obras «O testamento do tío Nacho», e «Dos ovos para cear», cun patio de butacas ateigado de público.

A xornada rematou cunha actuación da Banda Folk do Concello de Ribas de Sil na Praza do Concello.

Estes actos serviron tamén para rendir homenaxe a Pablo Vidal, recentemente falecido, en memoria da súa labor como fotógrafo e recopilador gráfico de todo o que tivera relación coa súa terra.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os participantes no I Circuíto de Golf dos Paradores de Galicia disfrutarán de estancias en Monforte e Santo Estevo

Seguinte Nova

Resultados das eleccións municipais do 24 de maio no sur de Lugo

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss