• Durante o mes de maio, o Concello de Sober desenvolveu unha chea de actividades para dar protagonismo á cultura no Mes das Letras. O programa abriuse cun Concerto Didáctico ofrecido pola Escola Municipal de Música de Sober. Na mesma xornada, o contacontos «Carteiro en Bicicleta» animou a sesión das Merendas con Contos, dentro do programa Cultura no Camiño, da Consellería de Cultura e Educación. Os rapaces asistentes ás Merendas tamén disfrutaron dunha sesión de achegamento á figura de Filgueira Valverde, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Xa o venres 22, os nenos e nenas desta actividade foron ao cine en Monforte, e o día 23 as Xuventudes Musicais de Sober deron un concerto de acordeón a cargo do serbio Nicola Tanaskovic.•