25 centros do sur lucense recibirán axudas de Educación para programas de fomento do uso do galego

A Xunta de Galicia vén de aprobar este mes a resolución das axudas para o fomento do uso do galego en centros escolares públicos e privados, dotadas cun total de 322.600 euros. Un total de 99 centros privados e 846 centros públicos serán os beneficiarios destas axudas para o financiamento das actividades que realizan os equipos de dinamización da lingua galega dos colexios e institutos do territorio galego. Destes, 25 centros corresponden ao sur de Lugo, que inclúen os colexios públicos de Bóveda, Carballedo, Folgoso, Chantada, O Incio, O Páramo, Samos, Brollón, Quiroga, O Saviñao, e Triacastela, así como os dous CEIP de Sarria e de Monforte, e a escola de educación infantil de Sarria. Tamén están incluídos nesta orde de axudas os tres institutos de Monforte, os dous de Chantada, os dous de Sarria e o IES de Quiroga.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Curso en Láncara sobre PRL en explotacións de vacún

Seguinte Nova

Aberta a inscrición nos cursos especializados para profesionais en Agolada

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss