340.000 euros en axudas provinciais para apoiar o cine, a lingua galega e o noso patrimonio

•Un dos convenios que vén de aprobar a Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación permitirá a posta en valor da ponte medieval de Carracedo, en Láncara

O responsable da Área de Cultura da Vicepresidencia provincial, Mario Outeiro, durante a rolda de prensa. GPVDL.
O responsable da Área de Cultura da Vicepresidencia provincial, Mario Outeiro, durante a rolda de prensa. GPVDL.

• As últimas actuacións en materia de convenios culturais da Vicepresidencia da Deputación están destinadas a apoiar a produción audivisual, a normalización lingüística e a recuperación do patrimonio lucense. Según explicou o responsable deste departamento, Mario Outeiro, o montante destes convenios asinados con diferentes institucións e coelctivos ascende a 340.000 euros.
Outeiro compareceu en rolda de prensa para explicar os detalles dos diversos proxectos.
Na recuperación do patrimonio, a Deputación achega preto de 127.000 euros. Entre as actuacións, cabe destacar a posta en valor da ponte medieval de Carracedo, en Láncara, ou arranxos na igrexa de Cereixedo, en Cervantes.
No aspecto de normalización da lingua galega, o organismo provincial achega146.000 euros para apoiar o traballo de diversas institucións e iniciativas, como a Real Academia Galega ou o Correlingua, entre outras. Ademais, achegará outros 100.000 euros para sufragar os gastos de contratación de técnicos de normalización lingüística en Concellos da provincia de Lugo
En canto ao audiovisual, a Deputación continúa coa súa aposta polo audiovisual galego e «por conseguir que a provincia de Lugo e os seus enclaves naturais e paisaxísticos sexan protagonistas nos filmes galegos». Un dos proxectos que conta co apoio do organismo provincial é a longametraxe de ficción «Dhogs», da produtora de Meira GaitaFilmes, e que introduce seis historias paralelas que arrincan no noso rural. Pola súa banda, o documental «Pelerinaxes», dirixido por Simeone Saibene e producido por Noveolas, recrea o camiño a pé de Ourense a San Andrés de Teixido que o escritor galego fixo en 1929 en compañía de Risco e Fernández-Oxea. O documental está protagonizado pola actriz lucense Carmen Méndez.
Lugo tamén estará presente na superprodución «Galaicus», da man de Zircocine e protagonizada por Luís Tosar. O filme, que se estreará entre 2015 e 2016, narra con base histórica e elementos de ficción como foi o primeiro contacto dos pobos galaicos coa lexións romanas no século II a.C.
A Deputación tamén apoia ao filme A Esmorga, que xa superou os 40.000 espectadores, e que foi a primeira longametraxe en galego nominada aos Premios Goya.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Escola de Turismo Itinerante iniciou a súa formación en Monforte

Seguinte Nova

En marcha a nova edición da campaña Galicia A Todo Tren

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss