Do 15 ao 18 de xuño, o Salón de Reis do Parlamento de Galicia vai acoller o encontro “A Ribeira Sacra: Protección dunha paisaxe cultural candidata á Patrimonio da Humanidade”. As conferencias versarán sobre aspectos como a xeografía da paisaxe, as particularidades dos solos desta zona, o monacato como eixo histórico, a xestión dos monacatos e prioratos na contorna, a sociodemografía, e o patrimonio industrial e a obra pública na Ribeira Sacra. Ademais, haberá mesas redondas nas que expertos nacionais e internacionais debatirán sobre a protección xurídica da paisaxe, en especial baixo a categoría de Patrimonio da Humanidade, o patrimonio civil e arqueolóxico na zona, e a estrutura produtiva da Ribeira Sacra e a súa dinamización. A derradeira xornada consistirá nunha viaxe guiada pola Ribeira Sacra, con visitas aos mosteiros do Sil e unha ruta en catamarán.•
Últimas noticias sobre CULTURA
• Maite Ferreiro destacou o contacto directo e continuo con concellos e asociacións para desenvolver unha
O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa – PACC vén de facer pública a lista dos que
En Lourenzá tivo lugar o acto de apertura das celebracións das Letras Galegas 2023 dedicadas este
Ata o 31 de xaneiro de 2023 poderá verse no Pazo de San Marcos de Lugo
O Consello de Cultura Galega organizou a pasada semana no Colexio da Nosa Señora da Antiga