O curso 2015-2016, a Sección de Sarria da Escola Oficial de Idiomas de Lugo vai incorporar o nivel avanzado de inglés. No curso que agora finaliza, o centro ofreceu ensinanza do idioma inglés en nivel básico, con dous grupos de nivel 1 e dous grupos de nivel 2. Tamén dispuxo de nivel intermedio, con tres grupos de nivel 1 e dous grupos de nivel 2. As clases impártense nas aulas do IES Gregorio Fernández, de luns a venres en horario de tarde. Para saber en que nivel é conveniente matricularse, as persoas interesadas poden realizar unha proba de clasificación, que lles permitirá aproveitar o que xa saben de inglés e inscribirse no nivel máis axeitado para seguir adiante coa súa formación lingüística. Toda a información está dispoñible no web www.edu.xunta.es/centros/eoilugo, ou no propio IES Gregorio Fernández de Sarria.•
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
• A súa nai Julia e o seu cuñado Albert gastaron os 998,01 € en case
• Once voluntarios participaron no campo de voluntariado internacional apoiando os labores arqueolóxicos e comunitarios no
• As ventas da Mostra superaron ás da edición de 2019 Cando o día 5 de
A mediados de xullo, quedou asinado un acordo entre a Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un