A Troula, gañador do Cume Tapas 2015 de Monforte

• O bar A Troula recibiu o premio do público na sétima edición do Cume Tapas de Monforte. A tapa denominada “Octopus” proclamouse campiona deste concurso organizado pola delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL).

MON COME Y SUEÑA ACADA O SEGUNDO PREMIO DO PÚBLICO
En segundo lugar, o público recoñeceu á tapa elaborada polo establecemento Mon Come y Sueña, que presentou unha proposta a base de lombo de pescada, crema de pataca e Cebreiro en niño crocante.

EL CELLER COMPLETOU O PODIO DO PREMIO OUTORGADO POLO PÚBLICO
O terceiro posto do podio foi para El Celler, coa tapa denominada “Xauxa”. Este establecemento mantén así a súa presencia entre os gañadores por segundo ano consecutivo, xa que foi campión da pasada edición deste concurso gastronómico.

PREMIOS DO XURADO PROFESIONAL
O xurado profesional do Cume Tapas 2015 tamén deu a coñecer o seu veredicto. Na categoría de tapa tradicional, o vencedor foi El Convento Golf, mentres que en tapa creativa, gañou El Celler, tamén merecedor do premio á mellor maridaxe con viño da Ribeira Sacra.
Os premios para o público corresponderon a Ramón Gómez, gañador dunha viaxe a Milán, e Marcos Salgueiro, que acadou unha viaxe a Londres. Pola súa banda, Carlos Salgueiro e Armando Trashorras gañaron cadanseu paquete de turismo rural. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

En marcha a nova edición da campaña Galicia A Todo Tren

Seguinte Nova

Presentada a programación lúdico-cultural do verán que acollerá o Museo Pazo de Tor

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio