Aberta a inscrición nos cursos especializados para profesionais en Agolada

• O IV Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia «Corazón da Artesanía» celebrarase do 3 ao 5 de xullo na localidade pontevedresa • Profesionais de prestixio internacional dirixirán os workshops sobre fotografía, sombrereiría e deseño

Imaxe da artesá pontevedresa Viviana Araújo no seu taller de sombrereiría. Araújo impartirá en Agolada un obradoiro sobre a introdución de materiais non habituais na confeción de complementos de moda, en especial nos sombreiros. CEI
Imaxe da artesá pontevedresa Viviana Araújo no seu taller de sombrereiría. Araújo impartirá en Agolada un obradoiro sobre a introdución de materiais non habituais na confeción de complementos de moda, en especial nos sombreiros. CEI

• Do 3 ao 5 de xullo, a localidade pontevedresa de Agolada convertirase na capital galega da artesanía, coa celebración do IV Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia «Corazón da Artesanía». Ademais dun completo programa de eventos lúdicos e culturais, este encontro integra unha serie de sesións formativas destinadas a profesionais do sector, e dirixidas por destacados especialistas nas diversas técnicas.Os interesados en participar nos cursos poden anotarse a través da páxina web www.artesaniadegalicia.xunta.es.

DESEÑADOR QUE COLABOROU CON MADONNA OU LADY GAGA
Os interesados poderán optar por participar en workshops como «A asa. Análise, práctica e deseño», que será impartido os días 3 e 4 de xullo polo recoñecido deseñador internacional Assaad Awad. De orixe libanesa e afincado en Madrid, Awad ten colaborado con Thierry Mugler, Mario Testino, Lady Gaga ou Madonna.

MELLORES FOTOGRAFÍAS PARA UN MELLOR CATÁLOGO ON LINE
Do 4 ao 5 de xullo, terá lugar o workshop titulado «Fotografía aplicada á artesanía», que será impartido polo fotógrafo alemán afincado en Lugo Peter Schneider. O curso busca que os participantes poidan realizar fotografías de calidade das súas pezas para as súas publicacións en web, redes sociais ou páxinas de venda on line.

MATERIAIS NON HABITUAIS PARA FACER COMPLEMENTOS DE MODA
A artesá pontevedresa Viviana Araújo impartirá o obradoiro «Oficios de moda. Sombreirería con novos materiais». Durante este workshop, que se celebrará do 3 ao 5 de xullo, os asistentes poderán coñecer da man desta experta profesional as novas correntes na introdución de materiais non habituais para a elaboración e confección de complementos de moda, especialmente na sombreirería.

COCIÑA E ARTESANÍA FOTOGRAFADA PARA MÓBILES
Outras accións formativas que terán lugar neste encontro son o obradoiro «Fotografía para dispositivos móbiles. Artesanía no prato», que impartirá o 4 de xullo o comunicador audiovisual santiagués David Cabezón. Tratarase de desenvolver un obradoiro de fotografía gastronómica na que se traballará con composicións e estilismos que combinen as elaboracións gastronómicas e as pezas de Artesanía de Galicia.
Ademais destes cursos especializados, a Feira incluirá demostracións de oficios artesanais, actividades para nenos e nenas, actuacións de música e baile, conferencias e exposicións. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

25 centros do sur lucense recibirán axudas de Educación para programas de fomento do uso do galego

Seguinte Nova

A Escola de Turismo Itinerante iniciou a súa formación en Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: