Aberto o prazo para o Certame Poético do Concello de Quiroga

• Ata o 24 de xullo estará aberto o prazo para enviar traballos ao Certame Poético que organiza o Concello de Quiroga a través da Oficina da Xuventude.

CATEGORÍAS
Pode participar calquer persoa que o desexe, e se establecerán dúas categorías xerais, para autores locais e non locais, e tres por idades. A categoría xuvenil inclúe autores de 12 a 18 anos, a senior de 19 a 35 anos, e a dourada de 35 anos en adiante.

CARACTERÍSTICAS
Cada participante poderá presentar un máximo de dous poemas, escritos en galego ou en castelán. As composición terán un mínimo de 20 versos e un máximo de 100, con métrica e temática libres.
Os datos autoriais presentaranse en sobre pechado, indicando dentro a dirección e o teléfono do participante. No exterior só figurará o título do poema e a categoría na que compite. Enviaranse á Casa da Cultura, rúa Xardíns, s/n, 27320, Quiroga. Haberá un primeiro premio de 100 euros máis diploma, e un segundo e terceiro dotados con trofeo e diploma, que se entregarán o 7 de agosto ás 00,00 horas na zona dos pubs.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Torneo Feira do Viño de Pantón completou a súa sétima edición

Seguinte Nova

Fotografía xaponesa na sala de exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss