•O torneo disputouse en dúas voltas •A comarca pon en valor as súas potencialidades deportivas, con dous campos de golf nun radio de 10 quilómetros
• A terceira edición do torneo Interclubes Augas Santas Golf Río Cabe completouse cunha nova victoria dos de Pantón, nunha competición disputada a 36 hoyos, sumando o total dos dous campos. Esta circunstancia excepcional que reúne un par de instalacións golfísticas nun radio de 10 quilómetros convirte á comarca de Lemos nun emprazamento moi apreciado para os amantes do golf, tanto locais como visitantes.
OS DE PANTÓN ACUMULAN UN HISTÓRICO DE DÚAS VICTORIA NO INTERCLUBES
Os xogadores de Augas Santas aseguraban na proba inicial do 23 de maio unha vantaxe de 30 puntos, o que lles permitiu aguartar a superioridade dos monfortinos na proba de volta disputada no Río Cabe. Finalmente, os de Augas Santas impuxéronse por 11 puntos, revalidando o triunfo do ano pasado e impoñéndose no histórico con dúas victorias sobre unha.
A nivel individual, o MVP da competición foi o xogador do Augas Santas Juan Carlos Pérez “Kukín”, que aportou ao seu equipo un total de 69 puntos.
Pola súa banda, na proba de ida en Pantón impúxose na modalidade scratch o ourensano Manuel Blanco, do Augas Santas), mentres que na 1ª categoría gañou Manuel Vázquez, do Río Cabe, seguido de Higinio Taboada, tamén do Río Cabe, e Juan Carlos Pérez, do Augas Santas. Na 2ª categoría o vencedor foi José Luis Rey, seguido de Isabel Fernández e Aida Menéndez, os tres do equipo de Pantón.
Na proba disputada en Monforte, gañou José Manuel Rodríguez “Rodri”, do Río Cabe, en scratch e Juan Carlos Pérez “Kukín” na 1ª categoría, seguido de Francisco J. Varela, de Pantón, e de Rafa Castellano, de Monforte. Na 2ª categoría foi primeiro Enrique Garrido, seguido de Jose Manuel Nogueiro, os dous do Río Cabe, e foi terceiro Javier Romero, de Augas Santas.•