Cinco medallas para os deportistas do Neka no Campionato de España de taekwondo

• Alejandro Fernández Franjo fai historia ao proclamarse tricampión de España benxamín • Carla Pardo acadou o bronce na modalidade benxamín feminina • Co bronce logrado na proba de trío junior, Samuel López, Carlos Rey e Álex Camba son os primeiros deportistas do Neka en entrar no ranking da Federación Española que dá acceso á selección nacional

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Os deportistas do ximnasio Neka de Monforte veñen de completar unha exitosa tempada, coa consecución de cinco medallas no Campionato de España, celebrado na localidade castellonense de Oropesa del Mar os días 30 e 31 de maio. Alejandro Fernández Franjo proclamouse por terceira vez consecutiva campión de España, “unha marca moi difícil de igualar, creo que é o único rapaz que acadou tres ouros seguidos en benxamín”, explica José Mª Vega, adestrador do Neka e técnico da selección galega. Fernández Franjo concurriu á proba nacional formando parte do combinado galego, como os outros catro medallistas monfortinos. Carla Pardo logrou a medalla de bronce benxamín, e o trío formado por Samuel López, Carlos Rey e Álex Camba acadaron o bronce na modalidade de trío junior.

RESULTADOS E EXPERIENCIA
“Estes resultados son un éxito total, xa que conseguir un metal en campionato nacional é moi difícil, porque van por seleccións territoriais e alí van os mellores”, suliñou o adestrador monfortino. Galicia demostrou o seu potencial, acadando o subcampionato de seleccións.
Vega precisou tamén que o bronce do trío junior sabe dobremente ben, “xa que son os primeiros alumnos do Neka en entrar no ranking da Federación Española que dá acceso á selección nacional e poder competir fóra representando a España”. Vega confía plenamente no formato López-Rey-Camba. “Estou convencido de que este ano foi o de coordinación entre eles, Camba fixo un esforzo brutal para poder competir, xa que aínda sacou o cinto negro en febreiro, e penso que o ano que vén será o ano deles”. Ademais dos medallistas, cabe destacar o papel desenvolvido por Carlos Fernández, que logrou a sexta posición competindo como clube, “por diante dos da selección galega na súa categoría, sendo o galego que máis alto quedou”. Tamén brillou a benxamín Laura Álvarez, que na súa estrea en competición nacional logrou o décimo posto, a dúas décimas de poder loitar por medalla.
“Foi pena que Brais Rodríguez se lesionara un mes antes, xa que estaba entrenando moi ben e con moitas opcións en trío con José Roca e Cristian Castro”, puntualiza Vega. Roca rozou o pase á segunda ronda, “onde polas características dos competidores podería ter opción a podio”. Pola súa banda, Vega destacou o traballo de Castro, “que mellorou moito”.
A canteira do Neka destaca pola súa entrega e capacidade de esforzo, e a competición axuda a que os xoves deportistas adquiran experiencia e afinen as súas potencialidades. Nerea Fernández amosa gran nivel nos adestramentos, “e estou tratando de que compita como entrena”, suliña Vega. O adestrador do Neka valora o traballo dos seus alumnos en competición. “Marco García é moi grande para a idade que ten, o que fai máis evidente que noutros rapaces os erros que poida cometer”, apunta. A sorte tamén ten importancia na competición, e no caso de Yasmine Rodríguez “tocoulle un pulse que non se lle dá ben, e non pasou a primeira ronda”. A búsqueda de potencia é o gran obxectivo para Raúl Vázquez, “que ten boas cualidades”. Vega destacou a traxectoria de superación de Carla Pardo, “que nunca se rendiu e conseguiu ser a primeira rapaza do Neka con medalla nacional”. Alejandro Fernández “é un diamante en bruto, e a súa meta está aínda por marcar”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O equipo alevín mixto de A Gándara proclamouse campión galego de voleibol

Seguinte Nova

A final da VII Liga de Parellas Costas Galicia disputouse en Augas Santas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: