En apenas un mes, o programa Termalismo no Camiño rexistrou máis de 400 inscricións

•Esta iniciativa provincial de ocio medioambiental e saudable ofrece 1.200 prazas en tres balnearios lucenses •O programa está aberto ata finais de ano •Vai dirixido a lucenses maiores de 50 anos

O Balneario de Augas Santas participa de novo no programa de ocio medioambiental e saudable Termalismo no Camiño. Arquivo EC.
O Balneario de Augas Santas participa de novo no programa de ocio medioambiental e saudable Termalismo no Camiño. Arquivo EC.

• Dende a súa posta en marcha o pasado 18 de maio, o programa Termalismo no Camiño rexistrou máis de 400 inscricións. Esta iniciativa, posta en marcha pola Deputación de Lugo, ofrece 1.200 prazas para lucenses maiores de 50 anos nos balnearios de Lugo, Pantón e Palas de Rei. Según explicaron os responsables do programa, en apenas un mes dende a súa posta en marcha foron 250 titulares e 180 acompañantes os beneficiarios desta iniciativa de ocio medioambiental e saudable.

PERFIL XEOGRÁFICO E POR IDADES DOS INSCRITOS
A maior parte deste beneficiarios proceden do Concello de Lugo, malia que tamén se beneficiaron dos paquetes de turismo saudable veciños procedentes dos concellos da Pastoriza, A Pontenova Abadín, Antas de Ulla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, Cervo, Foz, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, O Incio, O Páramo, O Valadouro, Outeiro de Rei, Ourol, Pol, Quiroga, Ribadeo, Ribas de Sil, Riotorto, Samos, Sarria, Triacastela, Viveiro e Xove. En canto ás idades dos 250 partipantes deste último mes, un 43,6%, teñen entre 60 e 70 anos, seguidos polos situados na franxa de idade de 70 a 80 anos, que foron un 32,8%. Pola súa banda, os usuarios de 50 a 60 anos supuxeron un 14% do total, e os de 80 a 90 anos representaron un 9,6% do conxunto dos beneficiarios.

DESCONTOS EN PAQUETES DE OCIO E SAÚDE TERMAL
O programa Termalismo no Camiño ofrece a lucenses maiores de 50 anos descontos de ata 60 euros en paquetes de estadías nos balnearios de Pantón, Lugo e Palas de Rei. Cada paquete está composto de unha estancias de 6 días con 5 noites, de domingo a venres, con 5 pensións completas que inclúen a cea e aloxamento do domingo de entrada, e o almorzo e comida do venres de saída. Ademais, o paquete integra un total de 8 técnicas de balneario, un recoñecemento médico á chegada, e programa de animación sociocultural de luns a xoves.

ATENCIÓN ESPECÍFICA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE FÍSICA, PSÍQUICA OU SENSORIAL, OU CON PROBLEMAS DE MOBILIDADE
Como novidade desta edición, e co obxectivo de chegar ao maior número posible de lucenses, o programa Termalismo no Camiño ofrece atención especial ás persoas con problemas de mobilidade, mediante asistencia para o acceso a piscinas e habitacións. Ademais, contarán con programas especificamente deseñados para persoas con discapacidades físicas, psíquicas ou sensoriais. Asimesmo, o programa procura a adecuación de entornos adaptados e favorecedores do descanso de familiares e coidadores. Os interesados en solicitar este programa específico, deberán acreditar un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, e presentar un informe médico favorable.

COMO INSCRIBIRSE NO PROGRAMA TERMALISMO NO CAMIÑO
Como o programa está aberto ata finais de ano mentres non se completen as 1.200 prazas ofertadas, os interesados están a tempo de inscribirse. Para iso, deberán presentar no Rexistro Xeral da Deputación de Lugo a documentación que poderán obter na web www.deputacionlugo.gal, xunto cunha fotocopia do DNI.
Dende a Deputación informaron de que só se aceptarán as inscricións realizadas polas persoas interesadas, sen delegar en Concellos ou outras entidades.
Unha vez seleccionados, os participantes ou ben un familiar directo poderán recoller no Servizo de Relacións Institucionais da Deputación os bonos que presentarán no balneario seleccionado. Estes bonos tampouco se entregarán a ningún representante de Concellos, asociacións ou calquera tipo de entidade allea.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Augas Santas repite triunfo sobre o Río Cabe no Interclubes

Seguinte Nova

A XXII Mostra dos Viños de Pantón culminou o calendario enolóxico

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss