En marcha a nova edición da campaña Galicia A Todo Tren

•Entre as novidades, a Ruta do Viño da Ribeira Sacra inclúe unha visita ao Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil •A oferta estrela será o Tren do Peregrino, que sairá dende Madrid ata Santiago, pasando por Monforte

Imaxe de arquivo do tren da Ruta do Viño Valdeorras-Ribeira Sacra do pasado verán. (Arquivo EC).
Imaxe de arquivo do tren da Ruta do Viño Valdeorras-Ribeira Sacra do pasado verán. (Arquivo EC).

• Dende o 21 de maio están á venda os billetes para viaxar nos trens turísticos da campaña Galicia A Todo Tren, unha iniciativa posta en marcha por Turismo de Galicia en colaboración con Renfe, e que xa vai pola súa terceira edición.

O CAMIÑO DE SANTIAGO A BORDO DUN CONFORTABLE TREN HOTEL
Ademais das sete rutas do pasado verán, este mes estrearase o Tren do Peregrino, que posibilita a realización do Camiño de Santiago dende Madrid a bordo dun confortable tren hotel, dotado con aloxamento de cabina gran clase, e restauración no propio convoi. As saídas do Tren do Peregrino terán lugar os días 6, 13, 20 e 27 de agosto e realizarán o percorrido Madrid-Astorga-Ponferrada-Monforte de Lemos-Ourense-Santiago-Madrid. Según explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na presentación desta campaña, con esta nova proposta os pasaxeiros poderán realizar diferentes etapas do Camiño de Santiago a pé ou en bicicleta, ou ben coñecer as diversas cidades nas que estaciona o tren con visitas guiadas e outras actividades.

TREN DOS BALNEARIOS: ESTANCIAS TERMAIS PARA MAIORES DE 50 ANOS NA PROVINCIA DE OURENSE
Outra das novidades da programación de Galicia A Todo Tren para este verán é o Tren dos Balnearios, unha nova oferta dirixida a maiores de 50 anos que brindará a posibilidade de aloxarse durante 6 días, en réxime de pensión completa, nos balnearios ourensáns de Laias, Carballiño, Arnoia, Baños de Molgas ou Lobios, e realizar circuítos culturais pola zona elixida, podendo chegar á cidade de Ourense en tren desde 30 cidades españolas. Esta nova iniciativa contou coa colaboración da Deputación de Ourense.

NOVIDADES NAS RUTAS DOS TRENS DOS VIÑOS
A terceira edición de Galicia A Todo Tren continúa ofrecendo sete rutas que permiten descubrir diferentes zonas de Galicia con variadas temáticas. Os viaxeiros poderán escoller entre a Ruta dos Faros, a Ruta dos Pazos e Xardíns Históricos, e as cinco Rutas do Viño que percorrerán os territorios onde das denominacións vitivinícolas galegas. Nava Castro destacou que para esta nova edición, os itinerarios foron mellorados “incrementando aínda máis o seu atractivo”. Entre outras novidades, a Ruta do Viño de Monterrei inclúe este verán a visita ao Castelo de Monterrei, onde os turistas poderán realizar o Túnel do Viño e vivirán un espectáculo sorpresa. Pola súa banda, nas rutas do viño Ribeiro e Rías Baixas, se realizará unha visita ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea de Arbo e ao Mosteiro de San Clodio. Asimesmo, a ruta da Ribeira Sacra incorpora como novidade a visita ao Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.
Cada unha das rutas pódese realizar nun día e, ademais da viaxe en tren, o programa ofrece servizo de guía especializado durante todo o percorrido, traslados complementarios en autocar, entradas a todos os puntos de interese e actividades.
Tamén chegará a Galicia un verán máis o Tren Al Andalus, o tren de luxo máis amplo e espazoso do mundo, que percorrerá en xullo durante 5 días o Camiño de Santiago, con saída desde León e destino Santiago de Compostela.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

340.000 euros en axudas provinciais para apoiar o cine, a lingua galega e o noso patrimonio

Seguinte Nova

A Troula, gañador do Cume Tapas 2015 de Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss