• A presentación da nova edición do libro de Isaac Rielo Carballo celebrarase o domingo 14 de xuño ás 18 horas no Mosteiro das Bernardas de Ferreira. No evento participarán responsables do Concello, entidade que promove a edición deste volume, e o autor.
FUNDAMENTAL NO ESTUDO DE PANTÓN
Este senlleiro traballo de Isaac Rielo Carballo vén de ser reeditado polo Concello de Pantón, co obxectivo de manter vivo e accesible este detallado estudo sobre a iconografía xenealóxica das terras de Pantón.•