Un grupo de traballo entre Xunta e organizacións agrarias analizará a situación do sector lácteo

• Acordaron a creación deste grupo nunha reunión este mes na que participaron representantes de Asaja Galicia, Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego

Reunión da conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, cos responsables de Asaja Galicia, Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego. CMRM
Reunión da conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, cos responsables de Asaja Galicia, Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego. CMRM

• O pasado 4 de xuño, responsables da Consellería do Medio Rural e do Mar e das organizacións profesionais agrarias mantiveron unha xuntanza en Santiago na que acordaron a creación dun grupo de traballo para analizar a situación actual do sector lácteo galego. Neste primeiro contacto estiveron presentes representantes dos colectivos Asaja Galicia, Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego, mentres que a Administración estivo representada pola titular de Medio Rural, Rosa Quintana.

QUINTANA: “TRABALLAR SEN PAUSA PARA SEGUIR SENDO A REXIÓN PIONEIRA NA PRODUCIÓN LÁCTEA”
Logo da xuntanza, a conselleira animou a seguir traballando a través do Observatorio do Sector Lácteo, onde están representados todos os elos da cadea. Quintana precisou que “traballando desta maneira e sen pausa imos ser capaces de darlle estabilidade ao noso sector e seguir sendo a rexión pioneira na produción láctea”.
Esta xuntanza celebrouse para analizar a situación do sector lácteo galego, e achegáronse posturas para afondar máis aínda na procura de solucións aos problemas que denuncia actualmente este sector. A conselleira fixo fincapé na “boa vontade das organizacións agrarias e da Administración galega para que o sector lácteo galego se siga mantendo como o máis importante do territorio español”.•

• O valor da produción ecolóxica de leite e derivados lácteos incrementou en Galicia en 7 millóns de euros na última década

• A directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, destacou que o sector da produción ecolóxica está a experimentar en Galicia un desenvolvemento moi importante no que corresponde a leite e derivados lácteos, pasando de pouco máis de tres millóns de euros no ano 2004 aos case 10 millóns no ano 2014. Ulloa fixo estas declaración durante unha presentación sectorial en Arzúa a comezos deste mes. Estes datos complementan as estatísticas publicadas polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, nos que a comunidade galega repunta como comunidade con máis explotacións gandeiras ecolóxicas, con 35 no ano 2013. A responsable de Produción Agropecuaria na Xunta sinalou que un dos maiores atractivos do leite e derivados ecolóxicos é a calidade da alimentación natural do gando e a súa cría en liberdade. Ademais, animou aos gandeiros a traballar para diferenciar o seu leite e obter valor real desta diferenza.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xustiza desestima o recurso do Concello de Paradela contra a Deputación pola estrada de San Facundo

Seguinte Nova

O equipo alevín mixto de A Gándara proclamouse campión galego de voleibol

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: