•A UAD de Monforte lembrou os riscos do consumo de tabaco

Baixo o lema «Apaga o teu cigarro, acende a túa vida!», o centro de Monforte celebrou o Día Mundial Sen Tabaco

Mesa informativa que a Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte instalou o 31 de maio con motivo do Día Mundial Sen Tabaco. (Foto cedida).
Mesa informativa que a Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte instalou o 31 de maio con motivo do Día Mundial Sen Tabaco. (Foto cedida).

A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte (UAD) celebrou o Día Mundial Sen Tabaco instalando unha mesa informativa con material divulgativo.

POTENCIACIÓN DE POLÍTICAS EFICACES NA REDUCIÓN DO CONSUMO DE TABACO

A Organización Mundial da Saúde (OMS) adica o 31 de maio a concienciar á poboación dos riscos que supón o consumo de tabaco para a saúde. Ao mesmo tempo, o organismo internacional trata de potenciar políticas eficaces de redución do consumo do tabaco. Este ano, o tema do Día Mundial Sen Tabaco é «Alto ao comercio ilícito de produtos do tabaco», e dende a OMS lembraron que o tabaquismo mata cada ano a case seis millóns de persoas, das que máis de 600.000 son non fumadores que morren por respirar fume alleo.

Según explican nestas campañas divulgativas dende a OMS, o tabaquismo é a principal epidemia prevenible á que se enfronta a comunidade sanitaria.

Pola súa banda, dende a mesa informativa da UAD de Monforte alertaron das consecuencias non só físicas desta adicción, senón tamén «dos flaxelos sociais, ambientais e económicos que se derivan do consumo do tabaco e da exposición ao fume que desprende». O obxectivo é contribuír a protexer destes efectos ás xeracións presentes e futuras.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Inauguradas as novas instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias no Campus de Lugo

Seguinte Nova

Celebración veciñal no remate das primeiras obras na igrexa de Vilasouto

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss