• ATA O 26 DE XUÑO PARA INSCRIBIRSE NO CAMPAMENTO DE VERÁN DE BÓVEDA

Xa está aberto o prazo de inscrición no Campamento Urbano de Bóveda. Ata o 26 de xuño poderanse anotar todos os rapaces e rapazas que o desexen, de entre 3 e 14 anos.

ACTIVIDADES DURANTE TODO O MES DE XULLO

O Campamento Urbano de Verán en Bóveda desenvolverase entre os días 1 e 31 de xullo, en horario de verán. Como todos os anos, o Campamento incluirá actividades diversas, como xogos, obradoiros, manualidades e deportes. Para máis información, os interesados poden chamar aos teléfonos 982 42 60 06 e 982 42 61 77. Antes de dar inicio á tempada do verán para os máis cativos, o sábado 20 de xuño celebrarase a Festa de Fin de Actividades do Centro Sociocultural, a partir das 19 horas. Paco Nogueiras ofrecerá un concerto para toda a familia, e ademais, poderase ver unha exposición de fin de curso de pintura ao óleo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

•A Feira Tradicional Outrora de Rubián-Bóveda estreará unha concentración de bicicletas antigas

Seguinte Nova

•O grupo Teatreir@s estreará “Un marido de ida e volta” o sábado 27 de xuño en Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: