•Catro titulados universitarios lucenses, beneficiarios das becas da Fundación Barrié

As achegas financian estadías no estranxeiro para a realización de máster ou para completar a formación predoctoral

• Catro titulados universitarios lucenses están entre os 30 beneficiarios da 26º edición do Programa de Becas de Posgrado no Estranxeiro que vén de resolver a Fundación Barrié. Estas becas financian a estadía formativa dun ano para realizar estudios de master, e tamén estancias de ata seis meses en centros de excelencia para favorecer a mobilidade dos estudiantes predoctorais. Así, a lucense Laura Gómez Villasante, que cursou Dereito na Universidade de Comillas, realizará un MBA na London Business School con esta beca, que tamén disfrutará María López Quiroga, lucense que se licenciou en Ciencias Biomédicas e Neurociencia na Universidade de Edimburgo, e que cursará un Master no Karolinska Institutet de Suecia. Alejandro Vilar López, de Rábade, licenciado en Física Teórica pola Universidade de Santiago, fará un Master na Universidade de Cambridge. Por último, Saray Busto Ulloa, licenciada en Matemáticas pola USC disfrutará dunha estadía de mobilidade predoctoral na Universidade de Trento.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Mozos e mozas españois e estranxeiros participarán nun campo de traballo en Quiroga

Seguinte Nova

•O Servizo de Publicacións da Deputación editou 200 libros nos últimos catro anos

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: