• O grupo de teatro independente Teatreir@s de Monforte representará na Casa da Cultura a obra de Jardiel Poncela «Un marido de ida e volta», o sábado 27 de xuño ás 20,00 horas.
PULO AO TEATRO AMATEUR
Este grupo de teatro, coordinado por Paqui Abeledo, toma o relevo do desaparecido Grupo de Teatro de Maiores do Concello de Monforte, que funcionou durante 18 anos integrado por preto dunha vintena de persoas, moitas das cales siguen no actual grupo. Esta función representarase en Pantón o día 14, e o 21 en Ribas de Sil, para devolver a visita do grupo de San Clodio Augas do Sil, que a primeira fin de semana de xuño actuou na Residencia de Maiores do Malecón. Con estas iniciativas, preténdese dar pulo ao teatro amateur, espallando o gusto polo teatro e procurando un momento de lecer a participantes e espectadores.
ELENCO DE ACTORES E ACTRICES NA ESTREA DO DÍA 27
A obra «Un marido de ida e volta» está adaptada e dirixida por Paqui Abeledo, e conta no elenco de actores con Gonzalo Rodríguez, Manuela Fuentes, Enmanuel Rodríguez, Pilar Cambón, Victoria Mur, Ana Florencia, Helena Arnáiz, Fina Díaz, Rita Aida Pumar, Humildad Esteban, Josi Rodríguez, Mª Antonia Chiclana, Pilar Rodríguez, e Victoria Goyanes.•