•Recuperación de espazos públicos e axudas para mellorar negocios centran os novos proxectos subvencionados polo GDR

• A xunta directiva do Grupo de Desenvolvemento Rexional (GDR) Ribeira Sacra reuniuse a finais do mes pasado en Quiroga para aprobar a concesión de axudas a oito novos proxectos. Estas achegas atenderanse con cargo aos remanentes de fondos, logo da renuncia ás axudas concedidas por parte de diversos promotores.

OITO PROXECTOS EN QUIROGA, SOBER, A POBRA DO BROLLÓN E BÓVEDA

En canto aos proxectos, catro están localizados en Sober, dous en Quiroga, un en Bóveda e outro na Pobra do Brollón. Tres dos catro proxectos soberinos están vinculados á recuperación e posta en valor de elementos como fontes públicas e os seus correspondentes lavadoiros, ou dun regato, para o seu aproveitamento e disfrute como área de lecer. Estes espazos sitúanse en Lama dos Campos, Santa Cruz de Brosmos, e Eireos. Ademais, o cuarto proxecto presentado en Sober vincúlase á ampliación do Centro de Alfarería de Gundivós.

Pola súa banda, en Quiroga proxectouse a restauración do retablo maior da igrexa de Santa María de Vilarmiel, e a cubrición dun espazo libre dotacional para uso público no Parque da Constitución.

Asimesmo, unha empresa produtora e procesadora de mel presentou un proxecto para implantar unha nova técnica. Por último, en A Pobra do Brollón, o proxecto presentado ten que ver coa mellora nunha das seccións de produción dun negocio de panadería e pastelería.

AS ACHEGAS SUPORÁN O 35,24% DO INVESTIMENTO TOTAL DOS 8 PROXECTOS

En total, a inversión nos oito nove proxectos ascende a 388.992,88 euros. A axuda que o GDR aportará para o conxunto destes proxectos será de 137.063,73 euros, o que supón o 35,24% do total que se vai investir. Con estas cifras, o investimento privado para estes oito proxectos será de 251.929,15 euros.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

•O grupo Teatreir@s estreará “Un marido de ida e volta” o sábado 27 de xuño en Monforte

Seguinte Nova

Escolares de 40 colexios da ruta xacobea aprenderán a protexer o Camiño

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

O prezo do leite

• Agromuralla e UCGAL monitorizarán os prezos do leite desde as granxas ate os puntos de

A %d blogueros les gusta esto: