Escolares de 40 colexios da ruta xacobea aprenderán a protexer o Camiño

Presentación do programa “Protexendo o Camiño”, nunha escola infantil da provincia de Pontevedra.  GPXG.
Presentación do programa “Protexendo o Camiño”, nunha escola infantil da provincia de Pontevedra. GPXG.

• O vindeiro curso porase en marcha o programa «Protexendo o Camiño», unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con Turismo de Galicia que chegará a 40 centros educativos dos concellos polos que pasan as diferentes rutas xacobeas.

Os responsables da Xunta deron a coñecer os detalles deste proxecto, que trata de fomentar o coñecemento do Camiño de Santiago entre os máis cativos. A actividade está protagonizada por un neno e unha nena, Iago e Peregrina, debuxante e fotógrafa, que realizan o Camiño de Santiago tentando protexer as rutas dos riscos que poden sufrir os nenos. Ao longo das súas aventuras, os protagonistas reflexionan, dun xeito lúdico, sobre a responsabilidade de toda a comunidade coma protectores do Camiño. Ademais, identifican os riscos existentes e propoñen posibles solucións a estes problemas.

Durante cada acción, os nenos escoitan contos, debuxan e fan diversas actividades e postas en común para entre todos artellar unha rede protectora e cultural do Camiño de Santiago. Os escolares vanse familiarizar, dun xeito lúdico, co Camiño de Santiago, para poder valorar o seu poder cultural, económico, patrimonial e social.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

•Recuperación de espazos públicos e axudas para mellorar negocios centran os novos proxectos subvencionados polo GDR

Seguinte Nova

Inauguradas as novas instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias no Campus de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss