Mozos e mozas españois e estranxeiros participarán nun campo de traballo en Quiroga

Traballarán para acondicionar tramos do Camiño de Santiago ao seu paso por este municipio

• Durante o mes de xullo, unha vintena de mozos e mozas de entre 18 e 30 anos participarán en Quiroga nun campo de traballo, adicado á reinterpretación e acondicionamento do Camiño de Santiago. Fundamentalmente, o campo de traballo está orientado a mocidade procedentes doutras Comunidades Autónomas ou incluso de fóra de España.

SINALIZACIÓN, DOCUMENTACIÓN E CONSERVACIÓN DE PUNTOS DO CAMIÑO DE INVERNO

Esta actividade desenvolverase do 20 ao 31 de xullo, e incluirá tarefas de conservación e mellora de diversos elementos do Camiño de Inverno ao seu paso polo municipio quirogués. Ademais, os voluntarios participantes mellorarán a sinalización desta ruta, e realizarán tarefas de documentación polos diversos puntos deste itinerario dentro do término municipal. Estes traballos terán lugar en horario de mañá.

CALENDARIO LÚDICO CON EXCURSIÓNS, OBRADOIROS E DEPORTES NA NATUREZA

O resto da xornada, os voluntarios participarán en obradoiros de pintura de camisetas, barro, coiro e reciclaxe, ademais de realizar sendeirismo pola Lagoa Glaciar e varias devesas. O programa lúdico completarase con visitas turísticas a emplazamentos como Montefurado e As Médulas, ou a localidades como Monforte. O calendario tamén inclúe actividades de lecer como piscina, kayak, barranquismo, canoa e paddelboard.

ESPAZOS NATURAIS, ALBERGUE DE QUIROGA E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

As actividades desenvolveranse no entorno do Concello quirogués, o Albergue de Quiroga, e o complexo deportivo municipal, que abrangue as pistas polideportivas e as piscinas. Este campo de traballo está organizado pola Área de Xuventude do Concello de Quiroga, en colaboración coa Xunta de Galicia e a empresa Ocitem Animación S.L.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Presentada a programación lúdico-cultural do verán que acollerá o Museo Pazo de Tor

Seguinte Nova

•Catro titulados universitarios lucenses, beneficiarios das becas da Fundación Barrié

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: