O paro baixou en maio en todas as comarcas do sur de Lugo

A comarca chantadina rexistrou o descenso máis importante, cun 9,02% menos de desemprego respecto a abril

O sur de Lugo segue a rexistrar outro mes máis cun descenso do número de desempregados nas comarcas de Chantada, Sarria, Quiroga e Lemos. Arquivo EC.
O sur de Lugo segue a rexistrar outro mes máis cun descenso do número de desempregados nas comarcas de Chantada, Sarria, Quiroga e Lemos. Arquivo EC.

• O mes de maio continuou coa tendencia á baixa do desemprego no sur lucense. A porcentaxe máis significativa rexistrouse na comarca de Chantada, que contabilizou un descenso do 9,02% do desemprego, cun total de 766 parados a final de maio. Pola súa banda, a comarca de Lemos contabilizou un 4,55% menos de paro, o que sitúa a cifra de desempregados en 2.200. A continuación, cabe destacar o descenso do paro nun 4,18% na comarca de Quiroga, que rematou maio con 412 desempregados. Na de Sarria a baixada foi do 3,01%, co que a cifra de parados a 31 de maio era de 1.514.

En canto á provincia de Lugo, o paro en maio baixou en 1.056 persoas, o que supón un 4,39% menos que en abril, e deixa en 22.983 a cifra de demandantes de emprego. Na comparativa autonómica, a provincia de Lugo rexistrou a maior baixada porcentual do paro, cun 4,39% menos de desempregados que en abril, seguida por Ourense, onde a caída foi do 3,42%, A Coruña, con 2,79% menos de paro, e por último Ourense, cun 2,56% menos de desempregados rexistrados.

PARO EN CHANTADA

O municipio de Chantada rexistrou a baixada de paro máis importante na súa comarca, cun 9,55% menos, situándose con 521 desempregados en maio. En Taboada, o paro descendeu nun 9,21%, o que supón 138 parados a finais de maio. Por último, a caída do desemprego en Carballedo foi do 6,15%, cun total de 107 persoas desempregadas.

COMARCA DE LEMOS

No conxunto dos municipios de Terra de Lemos, o mellor rexistro porcentual correspondeu á Pobra do Brollón, onde o paro baixou un 7,62%, deixando o número de desempregados en 109. No Saviñao, a caída foi do 6,45%, acabando maio con 232 parados, mentres que en Pantón foron 153, un 5,55% menos que en abril. Pola súa parte, Monforte completou o mes de maio con 1.489 desempregados, un 4,55% menos que o mes anterior. En canto a Bóveda e Sober, os cambios foron pouco significativos, con 81 parados no primeiro municipio, un menos que en abril, e 136 desempregados no segundo, un máis que no mes anterior.

COMARCA DE QUIROGA

O municipio de Quiroga rexistrou 270 parados a finais de maio, o que supón unha baixada do 5,92% respecto ao mes anterior. En Folgoso, o descenso foi do 3,63%, deixando o número de parados en 53. En canto a Ribas de Sil, completou o mes con 186 desempregados, un máis que en abril.

O PARO EN SARRIA

Na comarca sarriana, destaca a baixada porcentual dun 11,1% en Triacastela, con 32 parados a finais de maio. Pola súa banda, o descenso foi do 7,93% en Paradela, que completou o mes con 58 desempregados. A cifra de parados no Incio era de 77 a 31 de maio, un 7,22% menos que en abril. En Samos, a baixada porcentual tamén foi importante, con 7,14% menos de paro, situando a cifra final en 65 desempregados. No municipio de Sarria, maio rematou cun descenso dun 2,65% no paro, con 1.062 desempregados a 31 de maio. Pola súa banda, Láncara contabilizou unha lixeira subida do paro dun 1,85%, con 165 demandantes de emprego a finais de maio. Por último, O Páramo tivo un 1,78% menos de paro en maio, acabando o mes con 55 desempregados rexistrados.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Máis de 5.000 persoas de España e do estranxeiro interesáronse polo Campus de Lugo en tan só unha semana

Seguinte Nova

O Centro do Viño de Monforte consolídase como centro dinamizador e de promoción enoturística

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss