Sober contará cun novo vial entre o colexio e o centro de saúde

O Concello asinou un convenio coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas por valor de preto de 60.000 euros A Consellería será a encargada de financiar e executar a totalidade dos traballos

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, logo da sinatura en Santiago do convenio coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez.  CMATI.
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, logo da sinatura en Santiago do convenio coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez. CMATI.

• A comezos deste mes, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, desplazouse a Santiago para asinar un convenio de colaboración coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, polo que o departamento autonómico desenvolverá melloras nas comunicacións do entorno urbano de Sober.

DETALLES DO PROXECTO QUE SE VAI REALIZAR EN SOBER

Este convenio suporá o investimento, por parte da Consellería, de preto de 60.000 euros na construción dun novo vial entre o CEIP Virxe do Carme e o centro de saúde de Sober.

Según explicaron os responsables da Consellería, o proxecto consistirá na apertura dunha vía de 110 metros de lonxitude e 12 metros de anchura, cunha calzada de 9 metros e dous carrís de 3,25 metros e dúas beirarrúas de 1,50 cada unha. As obras inclúen a pavimentación con capa de rodadura e beirarrúas con pavimento de zahorra, así como a execución de canalizacións subterráneas para as futuras instalacións eléctricas.

O PXOM INCLÚE UN PROXECTO MÁIS AMPLO NESTA ZONA DE SERVIZOS

Dende o Concello precisaron que o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sober prevé unha vía no contorno do colexio, o centro de saúde e a residencia da terceira idade. A través desta vía darase acceso a unha parcela na que, unha vez urbanizada, se pretenden construír vivendas sociais.

O CONCELLO ASUMIRÁ A CONSERVACIÓN DESTE NOVO VIAL

Para o desenvolvemento deste proxecto, a Consellería asumirá o financiamento completo destas obras, así como a súa execución. Pola súa banda, o convenio establece que o Concello de Sober deberá poñer a disposición os terreos necesarios, e redactar os documentos técnicos que definan as obras, ademais de asumir a explotación e conservación do novo vial e os seus anexos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

•O Servizo de Publicacións da Deputación editou 200 libros nos últimos catro anos

Seguinte Nova

•A Feira Tradicional Outrora de Rubián-Bóveda estreará unha concentración de bicicletas antigas

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: