•A Consellería de Traballo e Benestar destina algo máis de 4 millóns de euros a estes cursos

• A Consellería de Traballo e Benestar investirá algo máis de catro millóns de euros en accións formativas dirixidas a desempregados na provincia de Lugo, correspondentes ao investimento descentralizado que xestiona directamente a Delegación Territorial de Lugo. A iniciativa engloba un total de 84 cursos, distribuídos en tres liñas, según o tipo de institución que os promove, e que inclúe a concellos, entidades sen ánimo de lucro e empresas.
RECICLAXE E FORMACIÓN EN NOVAS MATERIAS, «IMPRESCINDIBLE» PARA ACCEDER AO MERCADO LABORAL
Según explicou a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, «o obxectivo é reorientar a traxectoria profesional das persoas en situación de desemprego». Arias considerou «imprescindible reciclarse e formarse en novas materias para poder competir axeitadamente e coas maiores garantías posibles no mercado de traballo actual».
14 CURSOS ORGANIZADOS POLOS CONCELLOS E A DEPUTACIÓN
Os destinatarios serán 1.260 desempregados lucenses, que poderán optar a un amplo abano de cursos. Por unha banda, sete concellos e a Deputación provincial organizan 14 cursos, aos que se destinan preto de 600.000 euros. Destes 14, 5 centraranse na atención sociaosanitaria a persoas dependentes, en institucións sociais ou no domicilio. A oferta tamén inclúe cursos de dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil; operador de maquinaria de escavación, operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais, promoción turística local e información ao visitante; socorrismo en espazos acuáticos naturais; dinamización comunitaria e xestión de repoboacións forestais e de tratamentos silvícolas.
Arias destacou a implicación dos axentes sociais, tanto das organizacións empresariais como dos sindicatos a través das súas áreas de formación, como a Confederación de Empresarios de Lugo, a Asociación provincial de Reparación e Venta de Automóbiles e Recambios, a Fundación Laboral da Construción, a Asociación de Empresarios de Calefactores e Fontanería, ou o IFES Lugo-Castelao. Tamén colaboran entidades sociais como Cogami ou Cruz Vermella.
30 CURSOS PROMOVIDOS POR ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO
Na modalidade de entidades sen ánimo de lucro, a oferta formativa inclúe 30 cursos, cunha partida orzamentaria de algo máis de 1,4 millóns de euros. O contido inclúe dende tratamentos de datos e documentos, ata operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais; asistencia documental e de xestión en despachos e oficinas, ou mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos; creación e xestión de microempresa; ou dinamización de actividades de tempo libre, entre outros.
40 CURSOS PROMOVIDOS POR EMPRESAS
Aos 40 cursos incluídos na liña de empresas dedícanse algo máis de 2 millóns de euros, e inclúen unha variada oferta como instalación de mobles; marketing e compravenda internacional; instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes; servizos auxiliares de perruquería; actividades de venda; ou xestión de marketing e comunicación, entre outros.
CENTRO OCUPACIONAL DE MONFORTE
Pola súa banda, a Xunta de Galicia conta con tres centros de formación ocupacional propios, ubicados en Lugo, Viveiro e Monforte, que organizan 15 cursos na que participan 225 traballadores en situación de desemprego, a maior parte deles xa iniciados, e que supoñen unha investimento de 930.000 euros. Así, na Unidade de Accións Formativas de Monforte de Lemos xa comenzaron as sesións dos tres cursos de horticultura e floricultura; traballos de carpintaría e moble e actividades de floristería.•