15 medallas para o Neka no XIII Open Internacional de Ourense de taekwondo

Esta proba, na que os monfortinos acadaron 6 ouros, 6 pratas e 3 bronces, pon un «broche de ouro» a excelente temporada deste clube

Un momento das probas do XIII Open Internacional de Ourense, celebrado na cidade das Burgas o pasado 20 de xuño. (Foto cedida).
Un momento das probas do XIII Open Internacional de Ourense, celebrado na cidade das Burgas o pasado 20 de xuño. (Foto cedida).

• Os deportistas do club Neka de Monforte participaron no XIII Open Internacional Cidade de Ourense de taekwondo do pasado 20 de xuño, onde acadaron un total de 15 medallas. Este resultado confirma, según o seu adestrador, José Mª Vega, a «excelente temporada» realizada polos monfortinos, e na que a competición ourensana supuxo «un broche de ouro» para estes duros meses de competición.

4 MEDALLAS EN ADULTO

Nas categorías de adultos, o club Neka obtivo un total de seis medallas. Luis García conseguiu o ouro en junior, mentres que Marcos Fontaíña foi prata en categoría master. Pola súa banda, Adrián Cidre gañou a prata en senior. Sabela González acadou a medalla de prata, só un posto por detrás dunha deportista da selección española, o que confirma o bo nivel da taekwondista monfortina. Pola súa banda, Sara Fuente non puido competir debido a un erro. Chistopher Elías foi bronce en Ourense, revalidando medalla por segundo ano consecutivo.

RESULTADOS INFANTÍS

Os máis novos do Neka tamén aportaron unha importante bagaxe de éxitos no Open Internacional de Ourense. Así, Álex Camba conseguiu a medalla de ouro na modalidade cadete, eliminando na final ao actual campión de España. Pola súa banda, Carlos Rey non tivo sorte en Ourense, pero como suliñou o adestrador Vega, «todos coñecemos o seu potencial pola traxectoria que ten noutras competicións». Asimesmo, Raúl Vázquez rozou o medalleiro, mentres que José Roca e Carlos Fernández non pasaron ronda nunha categoría que, según Vega, «tiña nivel de campionato de España». Pola súa banda, Ana López eliminou a varias rivais, pero quedou fóra do podio. A mesma sorte correu Iria de la Fuente na competición ourensá.

Nas categorías benxamín e prebenxamín, o club Neka completou o Open Internacional de Ourense nun bo lugar. Mención especial mereceu o papel dos deportistas en categoría benxamín B, na que Karla Novo conseguiu o ouro no seu debut en competición, mentres que Adriana Carnero foi prata, e Alba Pérez acadou o bronce. O club Neka copou o podio desta categoría, deixando detrás a preto de 30 competidores.

Na categoría benxamín A, Laura Álvarez foi ouro, gañando na final á súa compañeira Carla Pardo, que acadou a prata, logo de eliminar na ronda anterior á actual subcampiona de España. Según Vega, estes resultados «dan idea do nivel destas dúas deportistas». Betixa Carrera e Nerea Fernández quedaron fóra do medalleiro, aínda que o adestrador apuntou que «competiron francamente ben».

En benxamín B masculina, destacou o exitoso debut de Daniel Areán, que acadou o ouro, o que supón unha «recompensa polo seu gran esforzo ao desprazarse dende Taboada para entrenar no Neka», suliñou Vega. Tamén debutou con honores o seu compañeiro Álex Taboada, cun merecido bronce. Marco García quedou ás portas do medalleiro, «pero estou convencido de que as medallas chegaranlle en breve», explicou Vega. David Rodríguez e Marcos Salgado tamén foron pasando rondas, aínda que non acadaron podio. Lucía Roca non tivo sorte nos cruces, e quedou sen unha medalla «para a que ten nivel máis que suficiente». David Pérez Tierra e Juan Antonio Rodríguez debutaron en prebenxamín con medalla, cun ouro e un bronce respectivamente.

Aitor Teijeiro, Nicolás Sotelo, Mateo López e Manuel Vega non chegaron a podio, a pesar de que Aitor pasou varias rondas, a causa do gran número de participantes.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os membros da selección sarriana de fútbol base cumpliron en Bretaña

Seguinte Nova

Os socialistas piden á Xunta que arranque en setembro unha sección de Inglés no IES Lama das Quendas de Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: