A candidata do Partido Popular Elena Candia López, primeira muller que accede á Presidencia da Deputación de Lugo

A candidata do Partido Popular, Elena Candia López, no momento de xurar o seu cargo como presidenta da Deputación de Lugo. (Foto: cedida DL.)
A candidata do Partido Popular, Elena Candia López, no momento de xurar o seu cargo como presidenta da Deputación de Lugo. (Foto: cedida DL.)

• O pasado 24 de xuño, a popular Elena Candia López foi elixida presidenta da Deputación de Lugo, o que a convirte na primeira muller que accede á presidencia desta institución. A elección de Candia veu precedida pola polémica no desenvolvemento do Pleno de constitución da Corporación provincial, xa que o deputado socialista Manuel Martínez non apoiou ao candidato proposto polo grupo socialista, Darío Campos, votándose a si mesmo na primeira votación, e emitindo un voto en blanco na segunda. Con esta situación, produciuse un empate técnico entre os dous candidatos, o socialista Campos e a popular Candia, que se resolveu a favor da mindoniense por ser a lista máis votada na provincia. Elena Candia é alcaldesa de Mondoñedo, vila na que naceu en 1978. Licenciada en Dereito, viña desenvolvendo as tarefas de voceira do grupo Popular na Deputación durante o último mandato.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pantón, Sober e O Saviñao desenvolverán conxuntamente un obradoiro de emprego para menores de 25 anos

Seguinte Nova

1.260 desempregados lucenses beneficiaranse dos 84 novos cursos AFD da Xunta

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss