A Deputación realiza melloras nos viais de Escairón

O organismo provincial inviste 20.000 euros nestes traballos

Imaxe dos traballos desenvolvidos nos viais de Escairón. GPDL.
Imaxe dos traballos desenvolvidos nos viais de Escairón. GPDL.

• A mediados deste mes, a Deputación de Lugo iniciou as obras de construción de pasos elevados de peóns e dun sendeiro peonil no núcleo urbano de Escairón, no municipio de O Saviñao. Os traballos consisten na construción de dous pasos elevados, situados na saída de Currelos e na de Ferreira de Pantón, ambos considerados puntos estratéxicos das comunicacións da capital municipal. As melloras tamén inclúen o ensanchamento dun sendeiro urbano ata os 200 metros de longo e os dous de ancho. A dotación orzamentario total dos traballos ascende a 20.000 euros. Os responsables provinciais estiman que as obras estean rematadas a finais de xuño. Dende o organismo provincial suliñaron que con estas obras cumplen cunha vella demanda dos veciños.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Nova concesión do Centro Verde e Punto Limpo de Monforte

Seguinte Nova

Denuncian que o Sergas non cubre as baixas de persoal do Centro de Saúde de Monforte

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: