A Deputación subvenciona a contratación de 306 desempregados lucenses co programa Ben Empregado II

• A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou a mediados de xuño a resolución das 288 entidades e colectivos lucenses beneficiados do Ben Empregado II. En total, os beneficiados son 248 autónomos, pemes e microempresas, e 40 asociacións sen ánimo de lucro, que desenvolven súa actividade por toda a provincia, con especial presencia nas comarcas de Lugo, Terra Chá, zona sur e A Mariña, seguidas das de Sarria, A Montaña e a Ulloa.

SECTOR AGROPECUARIO, FORESTAL E MEDIO AMBIENTE, OS DE MÁIS DEMANDA

Estas 288 entidades solicitan 306 perfís profesionais moi diversos para cubrir as súas necesidades. Entre os perfís máis solicitados están os relacionados cos sectores agropecuario, forestal e o vinculados ao medio ambiente, con demanda de veterinarios, peóns en explotacións gandeiras ou enxeñeiros agrónomos e forestais, entre outros. Tamén hai unha forte demanda de perfís de carácter social, como educador e traballador social, psicólogo ou monitores de actividades físicas e tempo libre; os administrativos e titulados en administración de empresas; así como os vinculados coa hostalería, turismo e novas tecnoloxías.

Para este programa presentáronse un total de 1.700 empresas e asociacións lucenses sen ánimo de lucro, e que foron sometidas a un proceso selectivo realizado por unha Comisión de Valoración, formada exclusivamente por técnicos, en base a criterios de concorrencia competitiva, para garantir a total imparcialidade e transparencia do proceso.

A DEPUTACIÓN FINANCIA O PROGRAMA CON 6 MILLÓNS DE EUROS

Según explicaron os responsables provinciais, a través do Ben Empregado II, a Deputación subvenciona con 6 millóns de euros a contratación dos 306 desempregados lucenses solicitados polas 288 empresas e colectivos sociais da provincia. •

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xornadas gratuítas de asesoramento empresarial en Monforte, Sarria e Chantada

Seguinte Nova

Pantón, Sober e O Saviñao desenvolverán conxuntamente un obradoiro de emprego para menores de 25 anos

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: