Aberto o prazo de inscrición das actividades de verán de Sarria

Dende o 22 de xuño está aberto o prazo para inscribirse no programa Concilia no Verán 2015, organizado polo Concello de Sarria e que ofrece actividades para os máis novos.

CAMPAMENTOS DE CONCILIACIÓN POR QUENDAS QUINCENAIS

A programación inclúe os Campamentos de Conciliación para nenos os meses de xullo e agosto, distribuídos en quincenas con dúas quendas simultáneas. A primeira quenda son as Mañás Culturais, para nenos e nenas de 3 a 12 anos, que se desenvolverán de 9,30 a 14 horas na Casa da Cultura. A segunda quenda, ou Mañás Deportivas, está pensada para nenos e nenas de 4 a 12 anos, e serán de 10 a 14 horas no pavillón do Chanto.

Os Campamentos de Conciliación teñen prazas limitadas. O prezo por quincena e quenda é de 8,86 euros.

CURSOS DE NATACIÓN

Os cursos de natación distribúense en xullo e agosto por quendas quincenais de media hora, entre as 12,30 e as 15 horas, de luns a venres agás festivos. Para nenos menores de 4 anos o horario será de 14 a 14,30 horas. O custo por quincena e quenda é de 13,34 euros, e de 26,61 euros por mes e quenda, con descontos para irmáns.

HORARIO DAS PISCINAS

As piscinas municipais de Sarria estarán abertas dende o 28 de xuño ata o 27 de setembro. O horario será de 12 a 21 horas en xullo e agosto, e de 12 a 20 horas en setembro.

Os bonos individuais terán un prezo de 26,60 euros, e os familiares de 35,45 euros. A entrada para persoas maiores ten un prezo de 1,85 euros, e para nenos e nenas de 0,85 euros.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Comeza a temporada na piscina municipal de Pantón

Seguinte Nova

Xornadas gratuítas de asesoramento empresarial en Monforte, Sarria e Chantada

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss