Denuncian que o Sergas non cubre as baixas de persoal do Centro de Saúde de Monforte

• A mediados deste mes, a Sección Sindical de CIG-Saúde do Hospital Comarcal de Monforte denunciou «o deterioro que está a sufrir a sanidade» na área sur de Lugo. Según denuncia este colectivo, o Centro de Saúde de Monforte tiña a mediados de xuño catro baixas de médicos por motivos diversos, e das que só se cubriu unha a tempo completo. As consecuencias desta situación son, según CIG-Saúde, o peche de axendas durante un día, e ao seguinte se repartan os pacientes entre o resto dos médicos, «co que isto supón de descontrol para facultativos e enfermos». Ademais, hai que sumar outras cinco baixas en enfermería, das que só se está a cubrir unha a tempo completo e outras dúas a tempo parcial. Dende o sindicato denuncian «a merma que isto supón na atención prestada, xa que o centro podería permanecer pechado e os efectos serían praticamente os mesmos».

Esta situación, unida á recente supresión de dúas prazas de facultativo en Escairón e A Pobra, «dá unha idea da importancia que o Sergas outorga á Atención Primaria». «Todo o mundo sabe que canto máis se deteriore o servizo prestado en Atención Primaria, máis saturación se produce nos servizos de urxencia especializada».

Dende CIG-Saúde denunciaron que o Sergas está a dispensar «un trato moi semellante á Atención Primaria que á Especializada», co peche da pranta de Medicina Interna do Hospital de Monforte, o que suporá 28 camas menos, «co único motivo de aforrar os custes de contratación».

Por todo isto, dende CIG-Saúde esixen a dimisión do Xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo, «xa que dende o seu nomeamento non fixo máis que empeorar a atención sanitaria, non tendo en conta nin a Atención Primaria nin ao Hospital Comarcal, que deben supoñer para el un molesto grano que se pode extirpar e esquecer inmediatamente.»•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación realiza melloras nos viais de Escairón

Seguinte Nova

FETE-UGT denuncia o «malestar» da comunidade docente polas medidas da Consellería na fin de curso

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss