Nova concesión do Centro Verde e Punto Limpo de Monforte

Reciclajes Gallegos de Residuos de Construcción e Demolición, S.L. (RCD Galicia SL) foi a empresa seleccionada polo Concello de Monforte no concurso de explotación do Punto Limpo e Centro Verde. O custo anual do contrato será de 27.251,52 euros incluíndo o ive, e será prorrogable a dous anos. Esta empresa encargarase, dende o 23 de xuño, de todas as operacións destes servizos, coidando en todo momento da boa orde, transporte dos residuos ás instalacións de reciclaxe, tratamento ou eliminación, e da preparación da documentación requirida pola lexislación vixente. O Centro Verde recibe residuos industriais, procedentes de empresas e autónomos, como papel e cartón, voluminosos, chatarra, plástico, vidro, parabrisas, illantes, caucho, coiro, fluorescentes, aceite mineral, aceite vexetal, pilas, baterías, tóner, disolventes ou aerosois. O Punto Limpo recepciona e almacena residuos similares pero de procedencia doméstica.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Monforte inicia obras para mellorar a eficiencia enerxética do Polideportivo

Seguinte Nova

A Deputación realiza melloras nos viais de Escairón

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: