O Concello de Monforte inicia obras para mellorar a eficiencia enerxética do Polideportivo

O orzamento ascende a algo máis de 35.000 euros, cofinanciados a partes iguais polo Plan de Obras e Servizos da Deputación e o propio Concello As obras estarán completadas a mediados de xullo

• O pasado 22 de xuño, comezaron as obras de mellora da eficiencia enerxética do Pavillón Polideportivo Municipal de Monforte, que está a realizar o Concello cun orzamento de 35.356 euros, financiado a partes iguais polo Consistorio monfortino e a Deputación de Lugo a través do Plan de Obras e Servizos.

DOUS SISTEMAS PARA CALEFACCIÓN E AUGA QUENTE

Según explicaron dende a Concellería de Deportes, o Pavillón Municipal conta cun sistema de calefacción por chan radiante, instalado no ano 2011 dentro dun proxecto de renovación do pavimento da pista. Este sistema emprega o grupo térmico da instalación de climatización da Piscina Municipal, que forma parte do complexo deportivo, para a produción da auga quente necesaria, dispoñendo dun contador volumétrico para calcular o consumo da instalación.

Ademais, o Pavillón conta cun sistema de produción de auga quente sanitaria para as duchas dos vestiarios, para o que dispón dunha sala de caldeiras na propia instalación.

DESVINCULAR O EQUIPO ENERXÉTICO DO DA PISCINA

Según precisaron dende o Concello, o feito de depender da Piscina Municipal para o suministro da enerxía necesaria, maniféstase claramente ineficiente, á vez que se agrava a situación co feito de que a Piscina Municipal é xestionada por unha empresa privada, a diferencia do Pavillón Polideportivo, que é xestionado directamente polo Concello.

NOVO EQUIPO TÉRMICO INDEPENDENTE

Co fin de mellorar a eficiencia enerxética da instalación, independizando a esta da Piscina Municipal, vaise a instalar no Polideportivo un grupo térmico capaz de suministrar a potencia demandada polo chan radiante e o sistema de producción de auga quente para as duchas. Este sistema está composto por catro caldeiras de gasoil conectadas en cascada, e un sistema de apoio á producción de auga quente alimentado con enerxía solar.

O Concello encargou os traballos de mellora da eficiencia enerxética do Polideportivo á empresa Grupo Innovasol S.L. Os responsables municipais estiman que as obras estean completadas nun prazo de catro semanas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Festival fin de curso da Escola Municipal de Música de Sober

Seguinte Nova

Nova concesión do Centro Verde e Punto Limpo de Monforte

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss