O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra cumple 10 anos

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O pasado 20 de xuño, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra cumpliu 10 anos. Con este motivo, e para lembrar a intensa actividade deste organismo composto por 21 concellos do sur da provincia de Lugo e do norte de Ourense, o presidente do Consorcio, Juan Carlos Armesto, fixo público un escrito no que fai resumo desta década de traballo.

PARTICULARIDADE INICIAL PARA UNIFICAR O QUE É A RIBEIRA SACRA

Según Armesto, este proxecto «pouco habitual» e que «levou as miradas de moitos» non tivo un comezo sinxelo. «Formalizar a unidade do territorio da Ribeira Sacra, coas particularidades por todos coñecidas, na creación dun Consorcio de Turismo non foi unha tarefa doada nun primeiro momento». O presidente do Consorcio destacou que, «logrado este obxectivo», todos os compañeiros e colaboradores aos que vai dirixido o escrito «fixeron posible que as facilidades, o sentido común, o apoio e a unidade foran aparecendo ano tras ano».

SUPERACIÓN DA FASE INICIAL

Armesto destacou tamén que logo de ter rematado en 2009 o Plan de Dinamización Turística inicial e as súas prórrogas, «mentres noutros casos disólvense as xestoras e desvanécense as posibilidades de recoller os froitos das inversións, aquí comezou «outra forma de vida». O presidente do Consorcio fixo alusión ás funcións que desempeñou este organismo, «entre elas, velar pola integridade da marca e pola xestión conxunta da mesma», e que se fixo «procurando novas fontes de financiamento e chamando a máis portas que desen apoio ao noso proxecto, sempre a carón do Consello Regulador da Denominación de Orixe, propietario da marca que levamos por bandeira».

PERSPECTIVAS DE FUTURO

O presidente do Consorcio destacou que esta entidade «leva acadados moitos obxectivos, centrados na creación e mantemento de soportes de información, na comercialización do destino e na posta en valor da imaxe do territorio», entre outros aspectos. Armesto lembrou que o Consorcio, «que mudará a Mancomunidade nas vindeiras semanas, esperta interese en Galicia e fóra da rexión». O presidente suliñou que o Consorcio de Turismo «é exemplo de xestión dun territorio complexo xeográfica e administrativamente». A pesares duns orzamentos «moi modestos», Armesto gabouse de que «temos acadado moito conxuntamente». O presidente agradeceu o «apoio permanente» da Xunta de Galicia e das Deputacións de Lugo e Ourense, «sen esquecernos do sector privado, que nutriu de ideas e colaboración o noso traballo, e os medios de comunicación, que lle deron visibilidade a todo o realizado».

Armesto adiantou a celebración no outono dunha gala-concurso para conmemorar o décimo aniversario, coa entrega dos Premios Ribeira Sacra.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria celebra as festas do San Xoán

Seguinte Nova

Os membros da selección sarriana de fútbol base cumpliron en Bretaña

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: