O socialista José Tomé Roca xurou o seu cargo como alcalde de Monforte de Lemos

O socialista José Tomé Roca, co bastón de mando logo da toma de posesión como alcalde de Monforte, o pasado 13 de xuño. EC.
O socialista José Tomé Roca, co bastón de mando logo da toma de posesión como alcalde de Monforte, o pasado 13 de xuño. EC.

• O 13 de xuño, día de San Antonio, tivo lugar a constitución das Corporacións locais, derivadas das eleccións municipais do 24 de maio. En Monforte, o socialista José Tomé Roca tomou posesión da alcaldía, nun emotivo acto que foi seguido por numeroso público congregado no Salón de Plenos. O alcalde saínte, Severino Rodríguez, entregou o bastón de mando ao novo rexedor, logo de 12 anos á fronte do consistorio monfortino. A investidura de Tomé contou cos votos favorables dos seis concelleiros do grupo socialista e os cinco edís do BNG, e cos votos en contra dos cinco concelleiros do Partido Popular, ademais da abstención da concelleira de Espertamonforte, que protagonizou a anécdota protocolaria da xornada, ao prometer o seu cargo portando o programa electoral desta formación política.

A nova Corporación local de Monforte, presidida por José Tomé Roca, estará integrada polos concelleiros socialistas Gloria Mª Prada Rodríguez, que será primeira tenente de alcalde; Iván Torres Rodríguez, segundo tenente de alcalde e voceiro do equipo de goberno; Mª del Pilar Espinosa Novelle; José Luis Losada Fernández; e Marina María Doutón Rajo.

Pola súa banda, o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego está integrado por Pilar López Martínez, Alicia Cadarso, María Xosé Vega Buján, Emilio José Sánchez Iglesias, e Víctor López Mateo.

Asimesmo, o grupo municipal do Partido Popular está formado por Julia Rodríguez Barreira, Iván Vázquez Rodríguez, Purificación Argiz Quintas, Francisco Cela Rodríguez, e Manuel López Sánchez.

En representación de Espertamonforte! está a concelleira Maribel García Díaz.•

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Do 1 ao 15 de xullo poderán solicitarse en Monforte as axudas municipais para libros de texto e material complementario

Seguinte Nova

Monforte celebrou un San Antonio pasado por auga

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss