•Remataron o XIII Torneo Internacional de Guerledan no posto 60, do total de 128 equipos procedentes de Europa e América
• A selección sarriana fixo un bo traballo no XIII Torneo Internacional de Guerlédan, os días 13 e 14 de xuño. Nesta competición bretona, na que participaron 128 equipos de varios países, os sarriáns remataron no posto 60, mellorando o resultado do ano pasado, cando quedaron no posto 79. Os rapaces de Sarria quedaron primeiros de grupo na primeira xornada, con cinco victorias en sete partidos, pero o domingo, trala lesión dun compañeiro e co cansanzo acumulado, non superaron a eliminatoria para cuartos. Os adestradores suliñaron o bo traballo destes xogadores, e dende a Asociación Irmandade Sarria-Guerlédan valoraron positivamente a organización do torneo, e esperan volver o ano próximo.(Fotos cedidas).•