Os socialistas piden á Xunta que arranque en setembro unha sección de Inglés no IES Lama das Quendas de Chantada

É a cuarta vez que o deputado Vicente Docasar reclama a apertura en Chantada desta sección da Escola Oficial de Idiomas de Monforte

O deputado autonómico e portavoz de Educación do grupo socialista, Vicente Docasar, nunha imaxe de arquivo dunha intervención na Comisión parlamentaria de Educación.  Arquivo EC.
O deputado autonómico e portavoz de Educación do grupo socialista, Vicente Docasar, nunha imaxe de arquivo dunha intervención na Comisión parlamentaria de Educación.
Arquivo EC.

• A mediados de xuño, o portavoz de Educación do grupo socialista no Parlamento galego, Vicente Docasar, reclamou ao Goberno galego que habilite «dunha vez por todas» unha sección de Inglés da Escola Oficial de Idiomas de Monforte de Lemos no IES Lama das Quendas de Chantada. O responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Educación para que a Xunta atenda a esta petición «unánime, xusta, razoada e moi económica». Docasar lembrou que a proposta está respaldada polas corporacións municipais de Chantada, Taboada e Carballedo por unanimidade. Tamén foi aprobada polo claustro de profesores e no Consello Escolar, e conta cun informe favorable da inspección educativa.

Esta é a cuarta ocasión na que Docasar leva ao Parlamento esta iniciativa «que contaría a día de hoxe cuns 165 usuarios, e que ofrecería unha solución xusta e con moi pouco custe» para mellorar a formación de moitos potenciais estudantes das comarcas de Chantada e da Ulloa.

O deputado socialista criticou que «a Xunta é capaz de gastar un millón de euros para que un centro privado dea cursiños de inglés nos Peares, pero non destinan unha mínima cantidade para os veciños de Chantada e A Ulloa». Docasar lembrou que, malia que existen escolas oficiais de idiomas en Monforte, Lugo e Lalín, é unha zona «mal comunicada que obriga a usar o vehículo particular», ao non haber medios públicos de transporte, para percorrer unhas distancias «que non son menores, e polo tanto o custe económico non é tampouco menor», sobre todo para desempregados.

Docasar pediu que poñan en marcha unha sección de inglés en Chantada ao inicio do vindeiro curso, «pois se non o fan vostedes agora, farémolo nós no curso seguinte cando Besteiro sexa o presidente da Xunta de Galicia». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

15 medallas para o Neka no XIII Open Internacional de Ourense de taekwondo

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra, protagonista dun curso da Universidade Internacional Menéndez Pelayo

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: