Pantón, Sober e O Saviñao desenvolverán conxuntamente un obradoiro de emprego para menores de 25 anos

41 concellos lucenses beneficiaranse dos obradoiros concedidos este mes pola Xunta de Galicia Taboada, Láncara e Triacastela serán os outros concellos do sur lucense que terán obradoiro

Imaxe de arquivo dunha visita institucional ao obradoiro de emprego que levaron a cabo conxuntamente os concellos de Pantón, O Saviñao e Sober. Arquivo EC.
Imaxe de arquivo dunha visita institucional ao obradoiro de emprego que levaron a cabo conxuntamente os concellos de Pantón, O Saviñao e Sober. Arquivo EC.

• Os concellos de Pantón, Sober e O Saviñao desenvolverán nos vindeiros meses e de xeito conxunto o obradoiro de emprego denominado «Caíño tinto», no que participarán mozos e mozas de 18 a 25 anos en situación de desemprego.

PROXECTOS APROBADOS NA NOSA PROVINCIA

Según explicou a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, un total de 41 concellos da nosa provincia vanse beneficiar dos obradoiros de emprego para a mocidade que vén de conceder a Consellería de Traballo e Benestar. Ademais da proposta aprobada para os concellos de Pantón, Sober e O Saviñao, a Consellería deu o visto bo aos proxectos «Ulla-Miño III», dos concellos de Palas de Rei, Antas de Ulla, Portomarín e Taboada; «Neira de Jusa III», de Baralla, Láncara, As Nogais e Triacastela; «Asistencia Chaira sur», de Guitiriz, Begonte, Rábade e Xermade, e o programa mixto de emprego Ría do Masma, do concello de Foz.

CONTRATO DE SEIS MESES PARA PRETO DE 300 TRABALLADORES, ADEMAIS DO PERSOAL DOCENTE E DE XESTIÓN

Según explicou Arias, ao abeiro da nova convocatoria da Consellería de Traballo e Benestar, foi posible incorporar cinco iniciativas máis, nas que se involucran 16 concellos que darán formación a 80 traballadores e disporán dun orzamento global de 684.483 euros. Arias suliñou que a existencia de crédito suficiente permitiu dar cabida a todos os proxectos que alcanzaron a puntuación mínima esixible na orde de convocatoria.

Deste xeito, segundo informou Arias, os obradoiros de emprego que se porán en marcha proximamente na provincia proporcionarán un contrato de traballo remunerado para a formación e aprendizaxe a preto de 300 traballadores, ademais dos postos de traballo que se crean para monitores, persoal administrativo e de dirección.

Serán en total 15 obradoiros, que suman un investimento de 2.478.483 euros. Os proxectos, que botarán a andar de forma progresiva nas vindeiras semanas, terán unha duración de seis meses.•

UGT-Lemos denunciou que «a Xunta sigue discriminando a Monforte» en emprego

•Dende o sindicato UGT-Lemos denunciaron que «a Xunta sigue discriminando a Monforte en materia de emprego», ao denegar o obradoiro «Mocidade-Smart 1», «que daría emprego a 20 alumnos menores de 25 anos». «Non entendemos como se discrimina a Monforte, cando ten o 37% de todos os parados da zona sur de Lugo», precisou Mario Docasar, secretario xeral de UGT-Lemos, quen comparou este dato co paro xuvenil dos concellos de Sober, Pantón e O Saviñao, «que non chega ao 19% sumando aos tres municipios». Docasar afirmou que na concesión destes obradoiros «primou o amiguismo», e criticou que «para a Xunta se ve que os mozos e mozas monfortinos en paro non contan».

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación subvenciona a contratación de 306 desempregados lucenses co programa Ben Empregado II

Seguinte Nova

A candidata do Partido Popular Elena Candia López, primeira muller que accede á Presidencia da Deputación de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss