Sarria celebra as festas do San Xoán

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Sarria está en festas. O San Xoán está a encher de actividade as rúas desta vila xacobea, con actividades deportivas, culturais e musicais. Continuando co programa festivo, na noite do venres 26 de xuño actuará a orquestra La Fórmula a partir das once da noite.

CAMPIONATOS DEPORTIVOS TODA A FIN DE SEMANA

Na fin de semana, o deporte será o gran protagonista. O sábado ás 10 horas arrincará o torneo 3×3 de baloncesto, que culminará cunha paella xigante para os participantes. Tamén a esa hora comezará o VII Campionato Internacional Vila de Sarria de Fútbol Veterano. Os máis cativos terán o seu momento no Parque do Chanto, con xogos infantís a partir das 11 horas. Pola tarde, a charanga amenizará a xornada polas rúas de Sarria dende as seis, e ás once da noite terá lugar a verbena a cargo da orquestra Los Duendes.

O deporte continuará o domingo, coa celebración, dende as 10 horas, do Campionato de Béisbol. Pola tarde, disputarase o Trofeo de Fútbol San Xoán a partir das seis. A xornada rematará coa verbena a cargo da orquestra Los Acordes, que porá o broche final das festas.

TEATRO E ARTESANÍA NO SAN XOÁN

Tamén o domingo haberá espazo para o teatro. A Aula Municipal de Teatro de Sarria porá en escea a obra «Arsénico por caridade», na versión dirixida por Fernando Pedrido. A representación terá lugar a partir das 22,30 horas no anfiteatro da Praza da Vila, e se chove, trasladarase á Casa da Cultura.

Como cada ano, o San Xoán reservará un espazo para a promoción da creatividade local. A Antiga Prisión de Sarria acolle ata o martes 30 de xuño a VI Mostra de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria no Camiño, que ademais de dar a coñecer os traballos máis tradicionais e innovadores dos creadores sarriáns, estará amenizada por grupos de música tradicional desta terra. Como cada ano, contarán cun invitado de honra, que nesta ocasióin será o grupo «Meiregos», de Manuel Pardo e Suso Villamide. A exposición pode visitarse todos os días en horario de cinco a oito da tarde.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Terceira edición da Carreira Popular Vila de Sarria 10 kms

Seguinte Nova

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra cumple 10 anos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: