A II Carreira Popular Vila de Sarria tivo lugar o pasado 14 de xuño, cun percorrido de 10 quilómetros en trazado urbano. Ademais da categoría absoluta, a proba sarriana incluiu de novo este ano as carreiras das categorías inferiores, dende prebenxamín ata cadete. En total, a cita sarriana co running contou coa participación de preto de 160 corredores.